Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor fai difícil vender roupa de inverno

A calor fai difícil vender roupa de inverno

Os comercios apostan cada vez máis pola roupa de entretempo porque as pezas de abrigo tardan en venderse

Os negocios de moda son os que máis están a sufrir nas vendas este verán prolongado

G24.gal 13/10/2025 14:28

Este outono estival está a deixar imaxes tolas nas rúas. En Vigo conviven luces de Nadal con bermudas e roupa de verán, mentres que os escaparates locen pezas de abrigo que poucos se animan a mercar. As vendas da temporada outono-inverno terán que esperar a que marche o sol.

O cambio climático condiciona tamén a compra de mercadoría nos comercios, que hai anos xa que apostan máis pola roupa de entretempo que pola de abrigo. Como conta Carmen Pérez Trapero, da tenda Liberatta, "grazas a que temos moita clientela vanse vendendo cousas de entretempo, pero o de inverno non se vende porque vai calor e a xente non se anima".  

Nos escaparates hai tempo que agarda vixiante toda a roupa e o calzado de inverno. Na rúa, a xente non se anima a comprar, pero son moitos os que salientan a importancia do pequeno comercio: "Algo mercaremos, porque sobre todo o pequeno comercio, porque as grandes superficies resisten ben, pero o comercio pequeno que teñen todo mercado dende a primavera ou así, pois isto supón bastante perda para eles".

As tendencias deste ano terán que esperar para saír á rúa a que baixen as temperaturas, porque só os máis valentes se atreven coa la e as bufandas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos