Publicador de contidos

Publicador de contidos

Capa sobre capa para combater o frío intenso

Capa sobre capa para combater o frío intenso

A la de ovellas meiriñas é o último en tecidos para combater as baixas temperaturas

G24.gal 09/12/2025 20:52

Xa o dicían as avoas: para quitar o frío, o mellor é a la. Hai xente que non a tolera, que lle ten alerxia, pero xa hai solucións no mercado: a la de ovella meiriña.

"Un fío de la meiriña, no microscopio, non ten os peliños que ten a la normal. Aínda que se vexa delgado, isto o que fai non é abrigar, senón reter temperatura", explica Felipe Vázquez, xerente de Entrepicos, unha tenda especializada en roupa de montaña.

Pero a solución más estendida para combater o frío é vestir capa sobre capa.

"Camiseta curta por debaixo, dous ou tres suadoiros e a chaqueta". "Unha camiseta, outra enriba, logo un chaleco ou un xersei, capas, capas". "Incluso ás veces toca dobre calcetín", comentan varias persoas.

A última capa, a exterior, é a máis importante.

"En caso de que chova ou faga vento, podemos poñer por enriba un cortaventos. Esa é unha forma intelixente de vestirse para o frío, porque as temperaturas poden ir cambiando ao longo do día e vaste adaptando", asegura Felipe.

Gorros, luvas e uns bos calcetíns completan o catálogo de imprescindibles para o frío intenso.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar