Cargando resultados...
O venres vén o anticiclón!
O segundo día sen chuvia desde que comezou 2026 faise esperar ata a xornada número 51
Antes, este mércores, Galicia soportará outra borrasca que se prevé bastante intensa
G24.gal
16/02/2026 14:47
O mércores chega outra vez unha borrasca bastante profunda e vai deixar avisos por vento, temporal no mar e mesmo vai meter aire frío e nevará nas zonas de montaña.
"E será o venres o día que o anticiclón si consiga subir o suficiente cara ao norte para protexer tamén a Galicia das borrascas e teremos así o segundo día seco do ano. A parte boa é que non vai ser como o pasado sábado, un anticiclón moi transitorio. Vai quedar polo menos o venres, o sábado e o domingo", explica Xoán Taboada, meteorólogo de MeteoGalicia.
Sábado e domingo de sol, e con suba de temperaturas.