Oleiros consolida a súa posición como concello máis rico de Galicia
A Coruña arrebata a segunda posición a Nigrán e o municipio ourensán de Vilardevós pecha a listaxe por nivel de renda
Medra a renda dos fogares galegos. E pasa dunha media de 28.500 euros a superar os 30.400 con datos de 2025. "Hai moitos problemas relacionados coa vivenda pero a nivel salarios estamos dentro da media", di un veciño.
Á cabeza, un ano máis o concello de Oleiros, que se coloca entre os 25 municipios máis ricos de España.
"Nótase a calidade de vida que hai aquí", asegura un veciños de Oleiros.
Pero hai cambios. A Coruña consolídase como motor financeiro. A suba das rendas do capital e o aforro case duplicaron os do ano anterior e colocan a cidade no segundo posto de Galicia e, por primeira vez, diante de Nigrán, que baixa ao terceiro posto. A renda sobe tamén en Santiago, seguida moi de preto polo concello de Teo."Santiago é unha cidade que depende moito do turismo e das administracións. A calidade de vida é boa", explica un santiagués.
Na outra cara da moeda os municipios con menor renda atopámolos na Galicia interior. O tan só a Lugo e Cervo están entre 20 concellos máis ricos."Empézanse a notar as subas de alugueiros e o custe da vivenda pero é unha cidade na que se vive ben", di unha luguesa.
En Ourense, Allariz e O Pereiro de Aguiar superan á propia capital. O concello con menor renda de Galicia é Vilardevós con pouco máis de 18 mil euros anuais, practicamente a metade que a de Oleiros.