Publicador de contidos

Publicador de contidos

A zona monumental de Pontevedra, libre de colectores do lixo

A zona monumental de Pontevedra, libre de colectores do lixo

A cidade estrea un novo método de recollida selectiva na zona histórica

Retiraron 35 colectores e substitúenos por 8 illas emerxentes que se instalan pola tarde e se recollen pola noite

O alcalde de Pontevedra asiste á presentación das illas emerxentes que substitúen os tradicionais colectores
G24.gal 05/10/2026 14:17

As rúas da zona monumental de Pontevedra amenceron hoxe libres de colectores do lixo. A empresa adxudicataria do novo contrato municipal de xestión de residuos retirou pola noite os 35 que había. Agora cada tarde instalarán en 8 puntos estas illas que dispoñen de 5 fraccións para facilitar a recollida selectiva, abaratar a xestión e mellorar a imaxe da cidade.

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, explica que os veciños da zona monumental disporán dunha illa a non máis de 50 metros da súa vivenda para poder depositar os residuos separados. Esas illas permanecen instaladas unhas 4 horas e pola noite, cabezas tractoras retíranas. 

Desde o Concello fan fincapé na importancia do compromiso da veciñanza para acadar o éxito deste modelo ambiental da cidade. Os pontevedreses aplauden a iniciativa. 

Este servizo complementa a recollida porta a porta que xa se realiza con éxito para o comercio e a hostalería, como relata a propietaria dunha florería, satisfeita co novo sistema. Déixanlles dous colectores, un de resto e outro de envases que lles recollen un par de veces ao día. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade