Bens, 30 anos da avalancha que mudou A Coruña
Duascentas mil toneladas de residuos arrasaron O Portiño, causándolle a morte a unha persoa
Tralo selado do vertedoiro, Bens transformouse nun parque
Cúmprense 30 anos dunha das maiores catástrofes ambientais na Coruña. O derrubamento do vertedoiro de Bens non só arrasou a zona do Portiño, senón que marcou un antes e un despois na maneira de entender o lixo nesta cidade.
Foi o dez de setembro de 1996. A Coruña escoita un bramido seco, case como se a montaña rompera en dúas. Duascentas mil toneladas de lixo desprendéronse do vertedoiro de Bens e baixaron cara ao Portiño arrasando todo ao seu paso: casetas, embarcacións, vehículos... e tamén a vida dunha persoa, Joaquín Serantes, de 58 anos.
A avalancha chegou ao mar. A cidade pasou semanas enteiras cun cheiro insportable e medo a novos desprendementos.
E mentres os bombeiros continuaban buscando o corpo de Joaquín, que nunca chegou a aparecer, empezaba tamén outra busca... a de responsabilidades.
Durante vinte anos Bens recibira todo o lixo da Coruña. Eran toneladas e toneladas de residuos que se ían acumulando sobre unha vaguada. Greenpeace xa advertira dos riscos. e hai quen pensa que queda moito por aprender
A catástrofe abriu unha fenda... pero tamén un camiño. O vertedoiro foi selado e naceu o parque de Bens, 600.000 metros cadrados de verde.
E tamén chegou Nostián, a planta que debía cambiar o modelo do tratamento do lixo, pero que segundo a organización ecoloxista Greenpeace, segue a ser unha materia pendente