Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a demanda dos servizos de recollida de voluminosos

Aumenta a demanda dos servizos de recollida de voluminosos

A elevada demanda demora a retirada dos trebellos da rúa e obriga os concellos a reforzar persoal

O tempo de espera para desfacerse das pertenzas pode pasar dunha semana

Os concellos teñen á disposición da cidadanía teléfonos de cita previa para a recollida de voluminosos

O servizo demórase pola elevada demanda e pola falta de civismo da cidadanía
G24.gal 20/08/2026 15:05

É a imaxe que ninguén quere ver pero que tristemente se repite nas rúas das cidades e mesmo no rural. Impera a falta de civismo. En Santiago o 50 % das 18.000 recollidas anuais son de pertenzas depositadas directamente na rúa sen previo aviso ao servizo de recollida.

"Por avisos estamos collendo uns 25, 30 diarios, o resto todo é sen aviso", recoñece Manuel Sánchez Castro, capataz de Urbaser.

Isto dificulta a organización dos operarios e atrasa un servizo que normalmente é de 24 horas. Nalgunhas cidades as esperas para a recollida de voluminosos pode demorarse ata máis dunha semana, sobre todo no verán. 

"No verán é máis complicado porque hai as mudanzas dos estudantes, sacan dos pisos para renovar, entón aí é máis complicado, 4, 5 días como moito", apunta o capataz

Tampouco se poden deixar montañas de lixo.

"Hai un límite de 4, 5 cousas por vivenda", puntualiza Estevan Crego, peón de Urbaser.  

Nos últimos anos os concellos veñen detectando un aumento na demanda de retirada de voluminosos, o que está obrigando a reforzar os servizos de recollida. 

"Dende o mes de abril, maio, puxemos en marcha un reforzo na recollida de voluminosos e o que conseguimos foi reducir os tempos de espera de momento practicamente non temos avisos pendentes, estase dando o servizo entre 24 e 48 horas e reducindo tamén o número de queixas que había case nun 90 %", explica Xesús Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental de Santiago.

En xeral a recollida de voluminosos organízase a través do teléfono.

"Comunicalo previamente, ter unha recollida organizada, coordinada con ese aviso previo permite mellorar o funcionamento do servizo, facelo máis eficiente, non sobrecargar o servizo e sobre todo tamén un aforro ás arcas municipais que ao final pagamos entre toda a cidadanía", conclúe o concelleiro santiagués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade