Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa se pode solicitar cita previa para a declaración presencial da Renda

Xa se pode solicitar cita previa para a declaración presencial da Renda

O prazo de presentación remata o 30 de xuño

Facenda estima que o 65% das declaracións dos galegos sairán a devolver

G24.gal 30/05/2026 14:26 Última actualización 30/05/2026 14:38

A campaña da Renda avanza e, a partir do luns, activa unha nova canle, a da atención presencial nas oficinas da Axencia Tributaria. Os contribuíntes deben solicitar unha cita previa e acudir coa documentación requerida: o DNI, o número IBAN da conta bancaria e os xustificantes das deducións.

"Este é un servizo gratuíto, feito por profesionais que dominan á perfección a declaración da renda. Animamos a xente a que o use porque así nos aseguramos de que a declaración da renda é o que ten que ser, que están as deducións que teñen que estar e que se declara o que se ten que declarar. Así evitarán sustos despois", advirte Julio Ransés, inspector de Facenda.

Sustos ás veces causados por confirmar os borradores sen ter en conta que aproximadamente oito de cada dez conteñen algún erro ou omiten información fiscal clave.

"Por exemplo, as novidades deste ano son os libros escolares dos rapaces, que son deducibles. Hai moita xente que non o sabe e confirma o borrador, pero os datos non están porque non sabemos se foi a unha librería a mercar libros e sae unha declaración a devolver menos ou a pagar máis", argumenta o inspector.

"Este ano temos moita xente que acode ás xestorías porque lle aparecen no borrador certas cantidades que veñen como subvencións e non saben a que corresponden. Son o Bono Peixe o Bono Comercio, ou o bono que deu a Xunta para estadías en hoteis. Todo iso ten que declararse como ganancia patrimonial", explica Bárbara Vega, integrante da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Recomendan ser previsores e realizar unha boa planificación durante todo o exercicio fiscal. Facenda estima que en Galicia se presentarán preto dun millón catrocentas mil declaracións da renda e que o 65% sairán a devolver. En total recuncarán aos galegos  algo máis de seiscentos noventa millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade