Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca este luns a campaña de vacinación da gripe e da covid en Galicia

Arranca este luns a campaña de vacinación da gripe e da covid en Galicia

Unha das novidades deste ano é que a vacina antigripal de alta carga se amplía ás persoas de entre 65 e 69 anos

A vacinación será progresiva e realizarase mediante citación 

O 13 de outubro comezará a inmunización infantil nos centros de saúde e nos centros educativos que participen no programa

Imaxe de arquivo. (Javier Vázquez/Europa Press)
G24.gal 27/09/2026 22:30

Este luns arranca en Galicia a campaña de vacinación fronte á gripe a á covid. Esta primeira fase desenvolverase ata o 31 de decembro. 

A Xunta reforzará a protección de persoas maiores e de nenos nesta campaña. 

Deste xeito, a previsión é que este ano as persoas a partir de 65 anos reciban a vacina de alta carga -na anterior campaña era a partir dos 70 anos- e que se amplíe en 20 centros escolares -ata os 75- e en 7.500 nenos, ata os 26.500 potenciais, os alumnos de centros educativos ata 11 anos que poderán recibir a vacina intranasal.

Xunto a estas novidades, as persoas serán citadas en base á cota de enfermería e non médico, o que prevé axilizar a xestión nunha campaña para a que a Xunta adquiriu 825.000 doses.

Para ser vacinado, as persoas dos grupos diana irán recibindo un SMS, ata en dúas ocasións, e tamén poderán ser repescados mediante chamada telefónica.

As autoridades sanitarias galegas fíxanse como un dos obxectivos para esta campaña aumentar a porcentaxe de persoas vacinadas entre as mulleres embarazadas e o persoal sanitario.

A seguinte data importante no calendario desta campaña será o 13 de outubro, cando comezará a inmunización infantil tanto nos centros de saúde como nos centros educativos que participen no programa piloto.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acudirán ao acto de inicio da campaña de vacinación  na residencia de maiores pública autonómica A Eiriña, en Pontevedra. 

Imaxe de arquivo. (Javier Vázquez/Europa Press) Imaxe de arquivo. (Javier Vázquez/Europa Press)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade