Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veñen tres días de estar á raiola, despois de cincuenta xornadas encadeando temporais

Veñen tres días de estar á raiola, despois de cincuenta xornadas encadeando temporais

Un mapa de Galicia sen chuvia era unha das imaxes máis desexadas desde que empezamos o 2026

Xa non quedan ríos en aviso vermello por desbordamentos en Galicia

G24.gal 19/02/2026 15:00 Última actualización 19/02/2026 16:28

Un mapa de Galicia sen chuvia. É unha das imaxes máis desexadas desde que empezou o 2026. Hoxe, por fin, faise realidade. Algo empezou a cambiar, a raiola de sol xa está con nós e vai quedar polo menos ata o sábado. Algúns decidiron aproveitala xa desde o primeiro minuto.

E, despois de 50 días cos pés na auga e co pescozo dobrado debaixo de paraugas e capuchas, 50 días de facer da necesidade virtude, de escuridade e vento e de bastante insistir, agora por fin si, saíu o sol.

A melodía do bo tempo está no aire. Aínda que moitos non acaban de atreverse a desfacerse do paraugas.

O anticiclón asenta e promete para o sábado e o domingo unha suba de temperaturas. Agradécese ata esa pequeniña molestia nos ollos pouco afeitos. 

E as terrazas van camiño de encherse, así que vaian quedando enxoitas. Para os impacientes, acougo. Dentro dun mes e un día, será primavera. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade