A partir do venres, aínda mellor tempo, con máximas por riba dos 25 ºC
Estabilidade e ceo despexado favorecerán o ascenso térmico en canto remita o vento do norte
O anticiclón está estable, pero ata o xoves, un pouquiño de vento no norte matiza algo as temperaturas. O día 2 de abril pode meter un pouquiño de nebulosidade na metade norte de Galicia.
"O venres xa non teremos vento e iso fará que as temperaturas sigan ascendendo. Teremos máximas por riba de 25 graos no sur, e nalgunhas zonas de Galicia as tardes van ser practicamente de verán", dixo Xoán Taboada, de MeteoGalicia
Os máis observadores seguro que xa saben que ademais de sol, van ser días de lúa chea, porque é pola lúa pola que se marca a Semana Santa
"O domingo de Pascua é sempre o primeiro domingo despois da primeira lúa chea que hai despois do equinoccio", explicou Xoán Taboada.
Así que veñen días de sol e noites de luar.