Publicador de contidos

Publicador de contidos

As treboadas e sarabiadas do domingo poden repetirse esta tarde

As treboadas e sarabiadas do domingo poden repetirse esta tarde

Hai aviso amarelo por tormentas no interior de Galicia ata as nove da noite

A instabilidade atmosférica continúa ata o mércores segundo MeteoGalicia

G24.gal 27/04/2026 14:41

"Este é o mapa que representa os raios caídos onte, máis de mil raios e algúns acompañados de sarabia", di Ana Lage, de MeteoGalicia.

O aviso amarelo por tormentas está activo ata as nove da noite no interior de Galicia, é probable que se repitan episodios como os vividos o domingo.

Así estaba a estrada que vai de Chantada a Rodeiro, á altura do Monte Faro. Eran arredor das sete da tarde e nuns minutos a vía quedou cuberta por unha capa de graínzo. O tráfico estivo parado durante media hora.

"Houbo totais de precipitacións de 60 litros por metro cadrado, o máis significativo é que trinta caeron en media hora", conta a meteoróloga.

Vivíronse situacións similares noutras vías, como a autoestrada Santigo-Ourense. Á altura de Piñor de Cea tamén tiveron que parar os vehículos polo pedrazo. A inestabilidade atmosférica manterase ata mércores debida á presenza de aire frío nas capas altas da atmosfera manterase ata o mércores.

"Este capítulo non rematou pode suceder, luns, martes e mércores de novo acompañados de sarabia". "Hai que ter especial coidado polas tardes. O punto exacto, a localidade onde van caer as treboadas non se pode dicir, pero que non nos collan por sorpresa", explica Lage.

As previsións de MeteoGalicia apuntan a unha mellora da situación o xoves, cando tamén subirán as temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade