Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bo tempo convida a elixir Galicia como destino vacacional

O bo tempo convida a elixir Galicia como destino vacacional

Destacan as zonas de costa, a Ribeira Sacra ou lugares coma Viveiro ou Ferrol nos que a Semana Santa está declarada de interese turístico

O sector da hostalería encara este inicio de temporada alta con moi boas sensacións 

Estima que a ocupacion media pode superar o 80% pero precisa máis persoal

G24.gal 29/03/2026 21:01 Última actualización 29/03/2026 21:24

Nestas datas o bo tempo convida a moitos turistas a elixir Galicia como destino vacacional. Destacan as zonas de costa, a Ribeira Sacra ou lugares coma Viveiro ou Ferrol nos que a Semana Santa está declarada de interese turístico. O sector da hostalería encara este inicio de temporada alta con moi boas sensacións. Estima que a ocupacion media pode superar o 80 % pero ollo, precisa máis persoal.

Un grupo de turistas soben ao primeiro barco do día que percorre o canón do Sil desde Santo Estevo. O bo tempo convida a contemplar a beleza da Ribeira Sacra. É un dos destinos máis demandados na Semana Santa. 

"Viñemos á Ribeira Sacra desde Sevilla e imos coñecer o canón", "isto parecen os fiordos noruegueses", din algúns visitantes.

Tranquilidade, paisaxe, patrimonio ou gastronomía fan que moitos aloxamentos turísticos xa non teñan prazas para estes días.

"Non podiamos pedir mellor tempo e de ocupación tamén. Temos todo completo", comenta Jorge Guerra, de Cabanas Mirador Cahamuiña.

Reanúdase tamén a temporada turística no parque das illas Atlánticas, outro dos atractivos vacacionais en Galicia. 

"Estamos de viaxe con amigo, así que a idea é pasalo ben, relaxarse e desfrutar", engade outra turista.

O sector da hostalería encara este inicio da temporada alta con moi boas sensacións, tamén en Ferrol e Viveiro. Estiman que a ocupacion media supere o 80 % e os negocios precisan máis persoal.

"Prodúcese un número masivo de contratación, hai maior contratación aínda que cada vez é máis difícil atopar persoal para o noso sector, pero cada ano elévase a contratación. Esperan no sector que poidan ser máis contratacións que as do ano pasado, sempre sobe un 1 ou 2 por cento", di Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.

"Na temporada alta levan o número de persoal contratan dúas persoas máis, un na quenda da mañá e outra na da tarde. É máis complicado conseguir persoal con experiencia suficiente no sector", destaca Gabriela Bernal, do restaurante La Jefatura Do Franco.

As boas previsións metereolóxicas poden incentivar as reservas de última hora, mellorarando os datos de ocupación ata nun 15 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade