Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bo tempo e as reservas de última hora fan que a Ribeira Sacra roce o cheo

O bo tempo e as reservas de última hora fan que a Ribeira Sacra roce o cheo

A ocupación para os días fortes de Semana Santa roldaba o 80%, pero agárdase que se enchan case todas a prazas

As viaxes en catamarán e as rutas para coñecer o románico, entre as actividades máis demandadas

G24.gal 29/03/2026 16:33 Última actualización 29/03/2026 16:58

Agardan no embarcadoiro de Santo Estevo para coller a primeiro barco polo canón do Sil. O número de viaxes incrementouse durante esta Semana Santa.

O bo tempo convida a coñecer a Ribeira Sacra dende a auga. Só nos catamaráns que xestiona a Deputación de Lugo o número de reservas supera o milleiro. 

Visitantes chegados, sobre todo, do norte da península que acoden atraídos pola paisaxe, o viño, a tranquilidade e o patrimonio. Hai aloxamentos que xa penduraron o cartel de completo dende esta fin de semana como as cabanas do Mirador de Cachamuiña ou moitos hoteis de tres e catro estrelas.

O resto confían en que as reservas de última hora, impulsadas polo bo tempo, acaben enchendo todas as prazas que hai na zona, máis de 10.000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade