Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como aforrar combustible á hora de pórse ao volante

Como aforrar combustible á hora de pórse ao volante

Unha condución eficiente, reducir a carga do vehículo ou controlar a presión dos pneumáticos axuda a reducir o consumo de carburante

Segundo o RACE, o aforro pode chegar aos 500 euros ao ano

G24.gal 29/03/2026 15:43 Última actualización 29/03/2026 16:44

Na Semana Santa co diésel máis caro da historia, todo aforro á hora de coller o coche é benvido.

Entre as medidas que están na nosa man, cargar o vehículo só co necesario e se levamos un portaequipaxe, desmontalo ata o que teñamos que volver usar.

O exceso de peso incrementa o consumo de combustible. Importante tamén, revisar os filtros e controlar que a presión dos pneumáticos é a que marca o frabricante. Circular con menos presión pode disparar ata nun 4% o gasto de carburante.

Pero o principal aforro está cando nos pomos ao volante. Segundo a DXT, estímase que entre un 30 e un 50% do consumo do vehículo vén determinado polo noso xeito de conducir. 

Reducir a velocidade, usar marchan longas, gardar as distancias de seguridade e evitar acelerar e frear permitirá que o depósito do noso coche aguante máis quilómetros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade