A Semana Santa impulsa o sector turístico en Galicia e a contratación de persoal
Co inicio da temporada alta abren novos negocios e hai novas contratacións
O obxectivo é que o sector turístico galego se afiance cada vez máis atraendo novos emprendedores que creen empregos
Moitos establecementos de hostalería teñen anuncios demandando man de obra. A Semana Santa é o incicio da temporada alta do ano para o turismo en Galicia e os negocios precisan máis persoal.
"Prodúcese un número masivo de contratación, hai maior contratación aínda que cada vez é máis difícil atopar persoal para o noso sector, pero cada ano elévase a contratación", di Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.
Desde o sector esperan que as cifras de contratacións superen as do ano pasado e inciden en que as condicións laborias melloraron moito.
"Esperan no sector que poidan ser máis contratacións que as do ano pasado, sempre sobe un 1 ou 2 %", engade Cesáreo Pardal.
"Na temporada alta elevan o número de persoal contratan dúas persoas máis, un na quenda da mañá e outra na da tarde. É máis complicado conseguir persoal con experiencia suficiente no sector. E iso que se melloraron moito as condicións laborais a como noutros tempos", destaca Gabriela Bernal, do restaurante La Jefatura Do Franco.
O turismo galego encara a Semana Santa con récord de emprego e tamén coa apertura de novos negocios.
"Vimos agora de ver a inauguración dun gran cámping en Lalín, hai establecementos de nova apertura, hai previsións de novas aperturas este ano, para afianzar e fortalecer o sector", di o presidente do Clúster de Turismo de Galicia.
Pero tamén hai a outra cara da moeda para empresarios e autónomos na hostalería.
"Non se atopan bos profesionais e aqueles que aparecen no mercado están temporalmente. Donos de restaurantes dinme que ás veces logo marcha un cociñeiro ou un camareiro", engade José Manuel Bello, presidente de Compostela Monumental e presidente da Confederación Española de Cascos Históricos.
En todo caso, o obxectivo é que o sector turístico galego atraia novos emprendedores e se afiance cada vez máis.