Cargando resultados...
O Goberno declara a Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de interese turístico
Este ano a festa terá lugar do 6 ao 9 de agosto
Foto de arquivo (Europa Press/Elena Fernández)
G24.gal
03/08/2026 10:42
O Ministerio de Industria e Turismo declarou a Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa de interese turístico nacional, segundo recolle unha resolución publicada este luns no Boletín oficial do Estado.
Esta festa, que se celebra na segunda semana de agosto no devandito municipio pontevedrés, naceu en 1994 do interese dos produtores do pobo por poñer en valor dous dos seus produtos emblemáticos.
Este ano a festa terá lugar do 6 ao 9 de agosto.