Publicador de contidos

Publicador de contidos

A científica galega María Antonia Señarís, protagonista do cupón da ONCE deste sábado

A científica galega María Antonia Señarís, protagonista do cupón da ONCE deste sábado

Nacida en Santiago, é catedrática de Química inorgánica na Universidade da Coruña

A serie Mulleres con Ciencia,  é unha colección de cupóns que se emite ao longo de 2026 e que rende homenaxe a mulleres académicas e científicas de referencia

María Antonia Señarís (primeira pola esquerda) na presentación do cupón na Delegación do Goberno en Galicia. EFE María Antonia Señarís (primeira pola esquerda) na presentación do cupón na Delegación do Goberno en Galicia. EFE
G24.gal 10/11/2026 16:28

A investigadora da Universidade da Coruña María Antonia Señarís, catedrática de Química inorgánica, protagonizará o cupón deste sábado de lotería da ONCE dentro da iniciativa Mulleres con Ciencia.

A iniciativa, impulsada pola ONCE e a Real Academia de Ciencias de España é unha colección de cupóns que se emite ao longo de 2026 e que rende homenaxe a mulleres académicas e científicas de referencia. 

A quenda de María Antonia Señarís chegará este sábado, 14 de novembro, en representación de Galicia, cunha emisión de 5,5 millóns de exemplares.

O delegado do Goberno en Galicia puxo o foco no labor divulgativo do proxecto, que recoñece o traballo das investigadoras e introdúceo en innumerables fogares españois.

"A igualdade tamén se constrúe facendo visible o talento e recoñecendo o traballo que durante moito tempo non tivo o protagonismo público que merecía", dixo Pedro Blanco.

A colección comezou en xaneiro cun cupón dedicado á química sevillana Rosario Fernández e contempla a emisión de 18 cupóns dedicados a investigadoras salientables de cada comunidade autónoma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade