Detido en Lugo por ameazar de morte cunha navalla os clientes dun local
A Policía Local de Lugo acudiu ao lugar dos feitos tras unha chamada de alerta
O acusado foi trasladado a dependencias policiais para a tramitación de dilixencias oportunas
Arma branca requisada pola Policía Local de Lugo
A Policía Local de Lugo detivo o pasado sábado a un home por presuntamente ameazar cunha navalla aos clientes dun local de hostalería.
O corpo policial recibiu unha chamada o día 7 ás 18:30 alertando do que estaba a pasar no establecemento da avenida de Madrid. Cando os axentes entraron no local, viron como o sospeitoso arroxaba unha navalla que tiña na man a un dos empregados do lugar pedíndolle que a gardara onde puidese.
Segundo o comunicado da Policía, o home estaba nun "alto grao de excitación e alteración, ameazando e intimidando aos presentes". No momento no que os axentes o levaron ao exterior do local, inmobilizárono e detivérono. Testemuñas afirman que varios clientes fuxiron do lugar tras ser ameazados polo acusado.
Tras o arresto, o sospeitoso foi trasladado a dependencias policiais para a tramitación das dilixencias oportunas.