As vacacións en autocaravana consolídanse como opción para viaxar na Semana Santa
Buscando os motivos que levan a xente a viaxar en autocaravana, hai pros e contras.
"Nós levamos doce anos viaxando así, hai a quen non lle gusta, a min góstame moito. Paramos e comemos onde queremos, é moita liberdade". "Agora cando veña o bo tempo vou as praias por aí e no inverno marcho o sur". "Aínda que hai moita liberdade e podemos quedar en moitos sitios, non é a mesma cousa ca un hotel, temos as cousas un pouquiño limitadas".
Unha turista alemán contan que a el parécekke un xeito moi cómodo de viaxar, que lle permite atopar novos lugares e bo tempo. Semella que en Ourense atopou o seu destino ideal.
Pero non todos poden permitirse comprar unha autocaravana. Unha nova, coma esta totalmente equipada, rolda os setenta mil euros, por iso moitos recorren ao seu alugueiro. Na Semana Santa custa 150 euros o día.
"O que si notamos esta semana santa é que a xente quere menos días, o ano pasado todo o mundo chamaba pola semana enteira mesmo ca fin de semana anterior, máis días. Pero este ano todo o mundo quere de xoves a domingo, entón imaxino que será polo tema económico", explica Rosa María Fernández, que ten unha empresa que aluga autocaravanas.
Coidan que o prezo dos combustibles puido influír este ano no tipo de reservas que reciben, pero non desbotan que estas poidan mudar a medida que se acheguen os días festivos. O perfil do cliente na Semana Santa é sobre todo o de familias. Toda unha aventura, din, para os máis cativos.