Publicador de contidos

Publicador de contidos

O comportamento incívico dalgúns usuarios de autocaravanas e furgonetas causa malestar en Valdoviño

O comportamento incívico dalgúns usuarios de autocaravanas e furgonetas causa malestar en Valdoviño

Aseguran que a zona está chea de excrementos e lixo

Algúns usuarios deféndense explicando que o problema non está vencellado ás autocaravanas senón a determinadas prácticas individuais

G24.gal 17/08/2026 14:12

A veciñanza de Campelo reclama que se respecten as normas de convivencia e a contorna. Denuncian que a situación que están a vivir un verán máis está xerando unha morea de molestias.

"Aquí cada un fai o que quere". "Fan as súas necesidades no cano que vai por aí abaixo que via dar á praia, dúchanse, fan lume, botan as mesas fóra das caravanas". "E deixan os desperdicios tirados".

A ocupación de espazos públicos de xeito prolongado é outra das súas queixas.

"Antes viña moita xente, pero agora cada vez acode menos xente porque non teñen onde aparcar".

E aseguran que malia estaren nun paraíso, nin na praia poden estar a gusto.

"Baixan os cans e eles métense na auga". "Está a area chea de excrementos".

Comportamentos incívicos que, segundo contan, se repiten ano a ano. Pero este decidiron non ficar calados. Puxeron textos en español e inglés explicando que foran "tremendamente considerados" ao deixalos pernoitar nos estacionamentos.

Pero din que o que non van consentir son danos na contorna da praia de Campelo por mor de comportamentos incívicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade