Publicador de contidos

Publicador de contidos

Autocaravanas de toda España danse cita na Coruña para participar na ruta Yakart

Autocaravanas de toda España danse cita na Coruña para participar na ruta Yakart

Moitos dos asistentes repiten ano tras ano

O encontro que chega á décima edición combina turismo, cultura e gastronomía

G24.gal 01/07/2026 14:50

Máis de medio cento de autocaravanas chegadas de moitos puntos de España danse cita na Coruña para participar nunha nova ruta de 12 días percorrendo diferentes enclaves de interese. Moitos dos asistentes repiten cada ano, convertendo o encontro nunha tradición.

Das 53 autocaravanas que este ano cambiaron a contorna da Torre de Hércules por esta zona de Riazor, só dúas son galegas. Moitos deles repiten a experiencia ano tras ano. A combinación de turismo, cultura e gastronomía volve ser un dos sinais de identidade.

Os participantes, desta volta un total de 120, destacan que máis aló da nosa gastronomía e do percorrido e das paradas que fan, un dos principais atractivos é a convivencia entre viaxeiros que comparten unha mesma afección. Din que de aquí nacen amizades que perduran no tempo.

Este venres comezarán o seu percorrido que rematarán en Santiago o domingo 12 de xullo coa tradicional foto de grupo diante da Catedral. Unha imaxe que se vén repetindo desde o 2016.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade