Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detectan mosquito tigre no Morrazo, aínda que cunha incidencia menor que o ano pasado

Detectan mosquito tigre no Morrazo, aínda que cunha incidencia menor que o ano pasado

A seca e a calor retardan a súa reprodución

A aplicación Mosquito Alert permite verificar que se trata do insecto

A seca e a calor retardan a súa reprodución
G24.gal 17/08/2026 16:23

Como en anteriores veráns, o mosquito tigre volve. Os exemplares identificados concéntranse na comarca do Morrazo pero debido á seca este ano son menos. A principal preocupación son as súas dolorosas picaduras pero a nivel sanitario non hai ningunha alerta. 

Para que non se reproduzan é fundamental non poñerlle fácil a cría ao mosquito tigre que necesita moi pouca auga estancada para desovar, por exemplo, nun prato dun testo, nun bebedoiro de mascotas ou nun floreiro.

En caso de detectar a súa presenza hai unha aplicación, Mosquito Alert, coa que podemos facerlle unha foto ao insecto e verificar a súa identificación e localización,  e controlar así a expansión destes mosquitos invasores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar