Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detectan a presenza do mosquito tigre en Tui

Detectan a presenza do mosquito tigre en Tui

A Xunta confirma o achado a través da rede galega de vixilancia de vectores Regavivec

Tui súmase aos concellos que reforzarán a prevención fronte a este insecto transmisor de enfermidades

G24.gal 06/10/2025 18:10

A Xunta, a través da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (Regavivec), da que tamén forman parte as universidades de Vigo e Santiago de Compostela, confirmou a presenza do mosquito tigre no concello de Tui.

A identificación realizárona entomólogos da rede despois da notificación dun veciño de Tui mediante a aplicación Mosquito Alert.

En colaboración co Concello, a Regavivec ampliará a vixilancia mediante a colocación de trampas para avaliar a súa extensión e abundancia.

Novos concellos incorporados ao comité técnico

O Concello de Tui, xunto cos de Bueu e Mos —tamén incorporados este ano—, pasará formar parte do comité técnico do mosquito tigre, que xa integran Moaña, Vigo, Cangas, Redondela, O Porriño e Vilaboa. Este órgano será convocado a finais de mes.

Prevención e riscos sanitarios

O mosquito tigre pode transmitir enfermidades como o dengue, o chikungunya ou o Zika.

A medida máis eficaz para frear a súa proliferación é evitar a posta de ovos e o desenvolvemento das larvas eliminando puntos de auga estancada en bebedoiros, pratos baixo xardineiras, caldeiros ao aire libre ou embarcacións, mediante o baleirado ou a renovación da auga cada catro ou cinco días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade