Primeiro caso de mosquito tigre en Bueu
Polo momento só se detectou un insecto, pero xa se comeza a tomar medidas
O mosquito tigre xa está en Bueu. Un veciño do centro da vila subiu unha foto a Mosquit Alert e a Administración galega xa adheriu ao concello ao comité técnico que avalía o avance do insecto.
Na vila polo de agora non se notou masivamente a súa presenza, nin nos lugares máis sensibles como farmacias e o centro de saúde.
Un cliente da farmacia fronte a lonxa que vive no centro da vila foi o primeiro en subir unha foto do mosquito captada en Bueu. Isto fixo que a Xunta advertise ao concello e o integrase no comité técnico que estuda este insecto.
Nos próximos días comezará a colocación das primeiras trampas e achegáranse á localidade técnicos de saúde pública e da rede de vixilancia de vectores.
A Xunta recomenda evitar o estancamento de auga, retirar bebedoiros, evitar pratos baixo os testos e colocar mosquiteiras nas fiestras.