Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra este domingo

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra este domingo

Ademais, haberá alerta amarela no interior e suroeste da Coruña, na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

A Secretaría Xeral para o Deporte suspende a actividade do programa Xogade no exterior 

G24.gal 19/09/2026 19:56 Última actualización 19/09/2026 21:11

A Xunta activa este domingo a alerta vermella por calor no interior da provincia de Pontevedra e a amarela no interior e suroeste da Coruña, na montaña de Ourense e nas Rías Baixas.

As previsións de Meteogalicia indican que as altas presiones están localizadas ao norte da península Ibérica, onde permanecerán estacionarias polo menos ata o vindeiro mércores.

Desde esa posición, impedirán que cheguen influencias atlánticas e atraerán aire cálido desde o sur, polo que o ceo estará despexado e as temperaturas poderían superar os 34 graos nalgúns puntos.

Práctica deportiva

No que incumbe á práctica deportiva, a Secretaría Xeral para o Deporte suspende este domingo a actividade do programa Xogade no exterior entre as 12:00 e as 20:00 horas no interior de Pontevedra.

Pola contra, non se suspende a federada autonómica, pero recoméndase non realizala entre as 13:00 e as 17:00 horas, coincidindo coas horas de máis calor, excepto nos deportes náuticos e acuáticos, nos que non se dá esa recomendación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade