Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo non ten unha área pública para que aparquen as autocaravanas

Vigo non ten unha área pública para que aparquen as autocaravanas

Só existe unha privada en Teis, e está prohibido que aparquen na primeira liña de Samil

G24.gal 13/08/2026 21:12

Vigo é unha das cidades de Galicia menos preparadas para acoller autocaravanas. En Samil mesmo están prohibidas.

Si que hai un aparcadoiro privado en Teis con prezos moderados, pero non hai un espazo público como en Pontevedra ou Cangas

Nos últimos anos o incremento do turismo de caravana foi exponencial. Moitos concellos abriron espazos públicos para elas. Non foi o caso de Vigo. O resultado é que estes vehículos aparcan onde lles cadra, agás en primeira liña de Samil que o teñen prohibido.

Vigueses e turistas son partidarios de que o concello dea máis facilidades a este tipo de turismo tan de moda, pero polo de agora o concello de Vigo non ten previsto facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade