Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cisternas de auga manteñen viva a planta láctea de InLeit en Curtis

Cisternas de auga manteñen viva a planta láctea de InLeit en Curtis

A empresa, obrigada a contratar 70 camións cisterna con auga diariamente para manter a súa actividade

 O Concello pídelle responsabilidade ás empresas do polígono de Teixeiro e avisa de que tomará medidas se non reducen o consumo

A caída do caudal do río Mandeo deixa ao polígono nunha situación límite 

Procesión de cisternas de auga na planta de InLeit en Curtis
G24.gal 17/08/2026 14:21

Son as imaxes que mellor definen a crise. Unha procesión de ata 70 camións cisterna bloquea vos accesos a maior planta láctea de Curtis. InLeit necesita auga desesperadamente para non conxelar o procesado dun millóns de litros diarios. Un sobrecusto loxístico para evitar un peche. 

InLeit lembra que calquera limitación da súa actividade ten conseciencias que trascenden a súa propia actividade.

"O leite prodúcese cada día e precisa ser recollida e procesada, o que fai especialmente importante manter a continuidade da actividade. Estamos facendo todo o que está nas nosas mans para reducir ao máximo o impacto desta situación. Reforzamos a chegada de cisternar e estamos traballando intensamente coas administracións para atopar alternativas", sinala Diego Viana, Ceo de InLeit. 

O problema é que esta factoria non está soa. O poligono de Teixeiro devora case seis millóns de litros de auga cada día. Unha demanda xigantesta liderada pola propia Inleit pero compartida por outros xigantes enerxéticos como Bioetanol Galicia e a planta de Biomasa de Greenalia. 

Diante deste escenario, a paciencia institucional esgotouse. O Concello esixe responsabilidade e ameaza con man dura.  A orixe deste labirinto está nun río Mandeo baixo mínimos pola falta de choiva. Mentres a auga non volva aos niveis normais, o motor lácteo da zona seguirá dependendo deste acueduto sobre rodas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade