Así vivimos en Galicia a eclipse anular de 2005, con moita expectación e curiosidade
Ninguén é alleo á eclipse que se agarda con expectación para este verán, pero hai máis de 20 anos vivimos unha experiencia similar
O extraordinario fenómeno da eclipse anular de 2005 foi seguido en toda Galicia con moita expectación
Un anel perfecto, así se vía o sol ás 10.55 da mañá en Pontevedra, a cidade galega onde máis durou a eclipse anular de 2005, xa que se atopaba no centro dunha franxa de observación de 185 quilómetros de ancho.
Pero a primeira cidade europea en que se comezou a ver esa eclipse foi Vigo, logo cruzou España en diagonal ata chegar a Alacante, despois pasou polo Mediterráneo e finalmente perdeuse no Índico.
Observouse perfetamente en Vigo, Ourense, A Coruña. Tamén en Santiago, situado no bordo da franxa de observación, onde durou 3'20 segundos mentres que nos extremos máis ao norte e ao sur de Galicia só se viu unha eclipse parcial.
As rúas convertéronse en improvisados planetarios. Todo o mundo mirando ao ceo con lentes especiais, telescopios, filtros ou artiluxios caseiros que proxectaban o sol nun papel para evitar danos graves nos ollos. Moitas ópticas esgotaron as lentes de cristal aluminizado.
Nalgúns centros escolares preparon caixas escuras que permitiron visualizar de forma indirecta a eclipse. Houbo algunhas escolas que a seguiron por Internet. A xente buscaba inmortalizar este momento inolvidable con cámaras de fotos ou cos móbiles daqueles tempos.
E xa naquel momento moitos sabían cando sería o seguinte no futuro, o que agora é, máis de vinte anos máis tarde... o noso presente.