A Veiga, destino Starlight, será a porta de entrada da eclipse solar de agosto
Referente do astroturismo galego, o concello ouresán prepárase para vivir un dos acontecementos astronómicos máis impactantes do século
No centro Astronómico da Veiga organizan obradoiros e charlas divulgativas para que os visitantes poidan vivir o evento con seguridade
Destino Starlight e referente do astroturismo galego, o concello ouresán da Veiga prepárase para vivir un dos acontecementos astronómicos máis impactantes do século: a eclipse solar total. No centro Astronómico de Trevinca organizan unha xornada divulgativa, porque queren que o vindeiro 12 de agosto sexa un evento seguro para os visitantes que agardan recibir na zona.
A Veiga, en plena serra de Trevinca a 1.300 metros de altitude será un dos lugares privilexiados para observar a eclipse solar total do 12 de agosto. E xa levan meses preparándose para a chegada de visitantes.
As reservas levan meses xa completas con turistas que chegarán de España, e tamén de países como Francia e Alemaña. Non en toda Galicia se poderá ver a eclispe total ao 100%, e os expertos destacan a diferencia entre velo parcial ao 99% ou total.
No centro Astronómico de Trevinca recomendan planificar a observación e facelo con seguridade, porque ver unha eclipse total ao aire libre é unha experiencia única.
Un fenómeno excepcional e irrepetible agás que se viaxe ao redor do planeta. E A Veiga será a porta de entrada da eclipse, unha coincidencia cósmica que tamén cadra canda a noite das Perseidas.