Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CITIC achega o eclipse a persoas con discapacidade intelectual

O CITIC achega o eclipse a persoas con discapacidade intelectual

Organizan un obradoiro interactivo para os usuarios do CAPD das Xubias

"Queremos poñer o foco na inclusión e levar este fenómeno a todas persoas"

 

 

G24.gal 02/06/2026 14:26

Hoxe no centro de atención á discapacidade das Xubias toca clase de astronomía. Os científicos do CITIC queren que todos gocemos do eclipse de sol, sen ningún tipo de limitación. 

"Primeiro damos unhas pinceladas básicas sobre o sol e a lúa e logo pasamos á observación do eclipse con lentes, videos e elaboración de caixas escuras para velo de xeito seguro", explica Xabier Pérez Couto, o estudante de doutoramento no CITIC que imparte a charla.

De maneira segura e inclusiva, nuns obradoiros interactivos que contan con grande aceptación.

"Saben do tema é gústalles, queren estar informados e participar, están moi contentos", engade a directora do CAPD das Xubias, Eva Fuertes.

Unha recreación virtual con lentes de 3D permite que se vaian facendo unha idea da sensación que vivirán esa tarde na que o día se fará noite.

"É unha preciosidade e agardo que todos os meus compañeiros poidan gozar do eclipse tanto coma min", di unha usuaria.

"Moitos pasan de non saber que vai haber unha eclipse na Coruña a entusiasmarse e morrer de ganas de vela", engade o investigador.

Unha eclipse total e accesible para todos, da que poder gozar sen máis barreiras ca uns lentes para protexer a vista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade