Galicia prepárase para a eclipse total de sol do 12 de agosto
Esta é unha cita astronómica histórica que non volverá repetirse ata dentro de máis de 150 anos
A eclise pode observarse de xeito directo e sen proteccion só na fase de ocultación total
Ata o ano 2180 non se volverá ver unha eclipse total de Sol en Galicia
Galicia prepárase para a eclipse total de sol do 12 de agosto, unha cita astronómica histórica que non volverá repetirse ata dentro de máis de 150 anos. Coincidindo co Día da Ciencia na rúa, a Agrupación Astronómica Ío da Coruña da consellos sobre como observar este fenómeno con seguridade.
Oscar Blanco leva 20 anos observando e fotografando eclipses. A primeira vez foi na Capadocia, en Turquia, no ano 2006. Desde enton capturou coa sua cámara nove eclipses totais en paises como China, Australia ou Estados Unidos. A súa recomendación é gozar da experiencia sen estar pendente dunha pantalla
A eclise pode observarse de xeito directo e sen proteccion só na fase de ocultación total, cando a lúa bloquea completamente a cara brillante do Sol. Fóra dese momento, é preciso empregar un filtro solar homologado ou observalo de maneira indirecta.
Un xeito sinxelo de observación é este: cunha caixa de cartón e aplicando o principio da camara escura. Un pequeno burato feito cun alfinete permite o paso da luz, que se proxecta invertida na superificie oposta.
No día da ciencia na rúa, que organiza desde hai 30 anos o concello da Coruña, a Agrupación atronómica Ío ten este posto na Casa das Ciencias para facer divulgación sobre este evento astronómico excepcional. O 12 de agosto será unha ocasión histórica.
Ata o ano 2180 non se volverá ver unha eclipse total de Sol en Galicia.