Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispáranse as reservas hoteleiras en Cádiz e Málaga para ver a próxima eclipse

Dispáranse as reservas hoteleiras en Cádiz e Málaga para ver a próxima eclipse

Hai zonas en que case non quedan aloxamentos e están a prezos desorbitados

G24.gal 13/08/2026 21:05 Última actualización 13/08/2026 21:37

A expectación era grande, pero o impacto da eclipse foi aínda maior.

A uns fíxoselles curta e a outros abriulles a curiosidade por un fenómeno astronómico que se repetirá en menos dun ano. O 2 de agosto de 2027 haberá outra eclipse solar que será total no sur da Península Ibérica.

Os datos falan por si sós.  A patronal do turismo da Costa do Sol di que as reservas hoteleiras nas provincias de Málaga e de Cádiz multiplicáronse por cinco con respecto a outros anos.

​​​​​​Nataria Botaro, propietaria dun hotel en Cádiz, asegura que ten reservas desde fai meses. E que aos turistas non lles importanos prezos, que
subiron de maneira desorbitada nas últimas 24 horas.

O turismo de eclipses move cifras astronómicas. Para ver esta primeira viñeron a España medio millón de visitantes de todo o mundo e o impacto económico cífrase en 350 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade