Varios apagamentos en Vigo afectan a 3.500 usuarios e á Cidade da Xustiza e a Vialia
A falta de subministración eléctrica foi a causa dunha avaría nunha liña de media tensión subterránea na Travesía de Vigo
Operarios traballando para subsanar a avaría en Vigo. Cedida/Europa Press
Unha avaría localizada este xoves nunha liña de media tensión subterránea na Travesía de Vigo, na cidade olívica, deixou sen luz a uns 3.500 usuarios.
Ao longo desta xornada houbo tres apagamentos: ás 12:40 horas e a 13:50, nos que o servizo non se restableceu na súa totalidade ata as 15:50 horas, e un terceiro ás 16:45 que se alongou durante dez minutos.
Os que tiveron máis afectación, segundo informou Naturgy, foron os dous primeiros, con 3.500 fogares sen luz na rúa García Barbón e a súa contorna, así como en Pizarro e nos barrios de Teis e O Calvario.
Xulgados e tendas de Vialia sen luz
Ademáis a falta de subministración eléctrica tamén paralizou parte da actividade nos xulgados da Cidade da Xustiza e tamén no Centro Comercial Vialia, o que obrigou a moitas tendas a pechar as súas portas ao público.
Catro brigadas da compañía eléctrica desprazáronse ata os transformadores da Travesía de Vigo onde estiveron traballando para restablecer o servizo. Tamén acudiron os bombeiros de Teis pola fumareda provocada, aínda que non foi necesaria a súa intervención.