Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regreso a casa tras a eclipse colapsa varios puntos de Galicia

O regreso a casa tras a eclipse colapsa varios puntos de Galicia

A AP-9 na contorna da Coruña e Santiago e a A-54 son algúns dos puntos onde se rexistraron atascos

Retención na A-54 Retención na A-54
G24.gal 12/08/2026 23:29

A contemplación da eclipse total en Galicia tivo varios puntos quentes que concentraron un importante número de persoas, o que, a posteriori, derivou en importantes retencións e circulación lenta en varios puntos da Comunidade.

Os numerosos galegos que volvían ás súas casas arredor das 22:00 horas sufriron retencións, atascos e esperas en vías como a AP-9 e a A-54, aínda que tamén en estradas convencionais.

Así, segundo os datos da DXT, a AP-9 rexistrou varios embotellamentos de tráfico, con circulación lenta en varios puntos de saída da Coruña, catro quilómetros de retención ao seu paso por Santiago e circulación lenta ao seu paso por Ordes.

Tamén a autovía de Lugo, a A-54, rexistraba retencións á entrada a Santiago, do mesmo xeito que a N-550 ao seu paso por Oroso. Un dos puntos de visualización máis concorridos, Lalín, tamén xerou retencións na N-640 á saída deste municipio pontevedrés.

Entre as retencións que informa a DXT tamén figura a VG 4.1 en Sanxenxo e a N-120 entre Pantón e Nogueira de Ramuín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade