Trinta astrónomos seguiron a eclipse nun avión en pleno voo
Conseguiron facer medicións moi precisas da morfoloxía do sol
Realizarán catro estudos cos datos obtidos na misión científica
Trinta astrónomos españois voaron no avión operado por Iberia para ver a eclipse a 37.000 pés, 11.000 metros de altitude. Cunha visión privielxiada do fenómeno, por enriba das nubes e sen ningún atranco.
O avión saíu do aeroporto de Baraxas e foi perseguindo o sol e retransmitindo todo o proceso ata a eclipse total. Como a sombra da Lúa ía cubrindo a superficie terrestre ata a escuridade, as perlas de Baily, o anel de diamante e a espectacular coroa solar.
A viaxe non foi só de placer. Enmcarcada no proxecto Sheilos, a misión científica permitiu realizar medicións moi precisas da morfoloxía do Sol. Cosa datos obtidos vanse facer ata catro estudos que axuden a comprender a importancia das eclipses.
Iberia bautizou o voo como o IB1473, o ano de nacemento do astrónomo Nicolás Copérnico, o que sitúou o sol no centro inmóbil do sistema planetario.