Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría eléctrica na torre de control paralizou a actividade no aeroporto do Prat

Unha avaría eléctrica na torre de control paralizou a actividade no aeroporto do Prat

Houbo 10 voos desviados e decenas de atrasos 

Aena informou que a falta de subministración eléctrica comezou ás 14:18 horas deste mércores e alongouse por espazo dunha hora 

Aeroporto de Barcelona. Aena Aeroporto de Barcelona. Aena
G24.gal 12/08/2026 18:11

Unha incidencia na alimentación eléctrica da torre de control do aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-O Prat obrigou a deter este mediodía os despegamentos e aterraxes no aeroporto e está a provocar atrasos na operativa.

Aena informou ás 14.18 horas na rede social X de que estaba a emendar o fallo eléctrico e pediu aos pasaxeiros que consulten o estado do seu voo coa compañía aérea.

Unha hora máis tarde, o xestor aeroportuario anunciou que o aeroporto xa recuperara "o 100% da subministración eléctrica", aínda que a operativa se está restablecendo de forma progresiva.

10 desvíos e atrasos de máis de dúas horas 

Das 1.124 operacións programadas no aeroporto para hoxe, producíronse 10 desvíos, segundo Aena, que no seu web informa de decenas de atrasos nos voos de hoxe, algúns por máis de dúas horas.

Os controladores aéreos explicaron nesa mesma rede social que os avións volveron a aterrar cunha separación entre eles moi superior á habitual, e advertiron de demoras importantes, que tamén recolle a web da Organización Europea para a Seguridade da Navegación Aérea (Eurocontrol).

Algúns pasaxeiros están a informar en redes sociais de que levan dentro do avión máis de dúas horas, mentres que Aena non detallou cantos voos se viron afectados.

O aeroporto de Barcelona pechou xullo cunha marca de 5,8 millóns de pasaxeiros, un 6% máis que un ano antes, e afronta a segunda quincena de agosto coa folga indefinida do servizo de terra de Groundforce. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade