Dous detidos nunha operación contra o xihadismo en Valladolid e Burgos
Os arrestados, acusados dun delito de terrrorisno, son de orixe marroquí e emiratí
Nos rexistros os axentes requisaron material informático para a súa análise
Europa Press
A Garda Civil detivo este luns dúas persoas acusadas dun delito de terrorismo nunha operación contra o terrorismo xihadista nas provincias de Valladolid e Burgos, dirixida pola Unidade Central de Madrid, segundo confirmaron a EFE fontes da Delegación do Gobierno de Castela e León.
Nas dúas intervencións, que tiveron lugar á primeira hora desta mañá, foron detidos dous homes, un de orixe marroquí e outro emiratí, e en ambas os gardas civís requisaron material informático para a súa análise.
En Valladolid, esta operación fíxose visible polo despregamento de numerosos axentes dos Grupos de Acción de Rápida, algúns co rostro cuberto con pasamontañas, outros con armas longas e varios vehículos todoterreo no barrio da Rubia.
Fontes das subdelegacións do Goberno en Burgos e Valladolid e do Instituto armado nestas dúas provincias limitáronse a confirmar a EFE a existencia destas operacións e desvinculáronas doutros operativos previos, como o do pasado 29 de abril na capital valisoletana que culminou coa desarticulación dunha rede de venda de droga na cidade.