Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte violenta de dous irmáns en Castroverde

Investigan a morte violenta de dous irmáns en Castroverde

A Garda Civil baralla varias hipéteses pero descártase a intervención de terceiras persoas

 

G24.gal 03/10/2026 13:32 Última actualización 03/10/2026 14:52

A primeira hora deste sábado, contra ás nove, foron localizados os corpos sen vida de dous irmáns nunha vivenda da aldea de Agustín, en Castroverde.

Axentes da Garda Civil atoparon na cama dun dos cuartos da casa o cadáver dunha muller duns 70 anos. O corpo presentaba varias feridas realizadas supostamente cun coitelo de cociña. 

No exterior da vivenda localizaron o irmán da muller, tamén falecido, no seu caso na fosa séptica. Todo apunta, segundo os investigadores a un fraticidio. 

Fontes da Garda Civil consultadas pola TVG descartaron a intervención de terceiras persoas, pero declaran que hai varias hipóteses abertas. A que cobra máis forza é a de que o home puido matar a súa irmá e despois suicidarse. 

El  era a persoa encargada de coidar da muller, que padecía unha discapacidade físca e intelectual.

Ata o domicilio familiar trasladáronse varias dotacións da Garda Civil, ambulancias do 061 e Bombeiros do parque comarcal de Sarria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade