Publicador de contidos

Publicador de contidos

En plena noite de novembro, Ribadeo pasou dos 25º e Cervo viviu un incendio forestal

En plena noite de novembro, Ribadeo pasou dos 25º e Cervo viviu un incendio forestal

Na Mariña, a calor inusual mesturouse coa falta de auga e cun vento do Sur moi forte

Viveiro rexistrou un refacho de 137 quilómetros á hora

G24.gal 05/11/2025 20:10

De mañá respirábase outono na Mariña, pero pola noite respirábase un aire case tropical.

"Chegamos de Suíza, onde estabamos a catro graos, e chegamos aquí con 25... Claro, foi un pouco impresionante", cóntannos un paseante

E é que en plena noite de novembro, Ribadeo marcaba 25,3 graos contra as dúas da madrugada.

"É agradable, naturalmente, pero asústame un pouco. Vexo un futuro un pouco incerto", di unha paseante

Mentres noutros puntos do país chovía abondo, a noite nesta comarca luguesa mesturaba a calor inusual coa falta de auga e cun vento que entraba con forza, asociado a unha borrasca.

Vento que se achegou aos 140 quilómetros á hora en Viveiro. Vento que en Cervo avivaba un incendio.

"Vento do Sur e 19 graos de temperatura, vento moi forte que non axudaba nada na extinción", sinala o responsable de Emerxencias do Concello de Cervo, Mario Antuña

O incendio comezou contra as catro da mañá. Obrigou a desaloxar por precaución corenta persoas. Falan de treboada seca.

"Comeza nunha zona onde hai unha liña de alta tensión, onde hai unha palmeira, parece ser que oíron tronos... De momento, queda pendente verificar as posibles causas, pero o que está claro é que se desbocou pola velocidade do vento, que soprou con moita forza aquí na Mariña", resume Antuña

Arderon arredor de cinco hectáreas de monte baixo e eucalipto neste incendio forestal de novembro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade