Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arden cinco coches en Marín nun incendio que semella intencionado

Arden cinco coches en Marín nun incendio que semella intencionado

O suceso ocorreu ás 3:15 horas deste venres xunto ao campo de fútbol de San Pedro

G24.gal 27/02/2026 16:48

Cinco vehículos resultaron danados na madrugada deste venres en Marín por un incendio que se orixinou nun dos coches cando estaban estacionados, segundo informou o 112 Galicia.

O suceso ocorreu ás 3:15 horas deste venres xunto ao campo de fútbol de San Pedro.

Ata o lugar acudiron a Policía Local e os bombeiros do Morrazo.

O lume calcinou por completo dous vehículos, un terceiro resultou afectado na defensa traseira e outros dous danados levemente.

Fontes da investigación cren que o incendio foi intencionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade