Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nun piso ocupado da Coruña deixa dúas persoas hospitalizadas por inhalación de fume

Un incendio nun piso ocupado da Coruña deixa dúas persoas hospitalizadas por inhalación de fume

Varios residentes tiveron que subir ata a azotea pra pedir axuda

O lume orixinouse na entrada do inmoble e obrigou a desaloxar a algúns veciños

G24.gal 26/02/2026 07:50 Última actualización 26/02/2026 14:58

Dúas personas tiveron que ser hospitalizadas por inhalación de fume e obrigou a realoxar varias persoas despois de que se declarase un incendio no seu piso. Sucedeu no barrio dos Mallos da Coruña

Varios residentes tiveron que subir ata a azotea pra pedir axuda. O lume orixinouse na entrada do inmoble e obrigou a desaloxar algúns veciños.

"A moza que vivía enfronte baixou uns colchóns e dixémoslle que os tiña que sacar de alí porque podía pasar calquera cousa. Alguén os prendeu. Non hai outra", di unha veciña.

"Comezaron a berrar: 'lume'. Arriba hai un narcopiso e había moita xente drogándose e comezaron a baixar polas escaleiras e a berrar. Nós pechamos a porta, tapamos todo e saímos para a terraza", explica outro veciño.

Ata o lugar trasladáronse os Bombeiros da Coruña e axentes da Policía Nacional, que procederon a cortar a rúa durate a extinción das lapas. Segundo fontes do 092 existe a posibilidade de que fose provocado.

Os servizos de emerxencias chegaron rapidamente ao inmoble e extinguiron as lapas. Tamén axudaron a baixar á rúa varios veciños.

"Estaba co meu bebé dun ano e meu fillo de nove anos. Pasamos un momento moi feo". "Foron momentos de moita angustia. E agora máis angustia porque non temos a onde ir".

Esta familia asegura que aquí era complicado vivir e tamén que non lles é doado atopar outro fogar.

"Non atopo piso. Nunha inmobiliaria pídennos 900 euros por un ático. E noutra cóbrannos 300 euros por ensinarnos pisos", engade a veciña.

Por mor do lume, dúas persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fume e tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao CHUAC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade