Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Estados Unidos e Irán asinan electronicamente o acordo de paz, que entra en vigor de forma inmediata

Os Estados Unidos e Irán asinan electronicamente o acordo de paz, que entra en vigor de forma inmediata

O primeiro ministro paquistaní Shehbaz Sharif confirma que Washington e Teherán asinaron de maneira electrónica o Memorando de Entendemento de Islamabad

Entra en vigor de inmediato e inclúe a reapertura do estreito de Ormuz e o levantamento do bloqueo naval estadounidense

G24.gal 18/06/2026 02:33 Última actualización 18/06/2026 08:03

Os Estados Unidos e Irán asinaron de forma remota e por adiantado este mércores un acordo de entendemento que xa está en vigor. O presidente estadounidense Donald Trump asinaría unha copia do acordo en Francia e posteriormente enviouse unha fotografía da firma a Teherán.

A firma remota do acordo, que ten como obxectivo poñer fin á guerra, atópase vixente. Pola súa banda, o Ministerio de Relacións de Irán confirmou a firma do acordo de xeito remoto a través dos medios estatais e o chanceler Esmaeil Baghaei descartou unha firma presencial o venres en Zürich.

Con todo, os Estados Unidos non ratificaron este extremo de xeito oficial. O acordo, de 14 puntos, alcanzado tras meses de negociacións mediadas por Paquistán, pon fin á guerra iniciada o 28 de febreiro coa ofensiva estadounidense e israelí contra a República Islámica.

Tamén ordena a terminación inmediata e permanente das operacións militases en todas as frontes, incluído o Líbano. Ambas as partes dispoñen agora de 60 días para negociar un acordo definitivo sobre o programa nuclear iraniano e o levantamento de sancións.

Durante ese período, Irán garantirá o libre tránsito polo estreito de Ormuz e os Estados Unidos levantarán en 30 días o bloqueo naval contra portos iranianos. Así mesmo e como parte do acordo final, Washington comprometeríase a levantar todas as sancións contra Irán, liberar activos conxelados e elaborar un plan de reconstrución de 300.000 millóns de dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade