Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo incendio nun edificio abandonado en Ourense

Novo incendio nun edificio abandonado en Ourense

Ardeu no interior da antiga granxa escola da Deputación, en Mariñamansa, que adoita ser frecuentada por indixentes

A rápida actuación dos bombeiros evitou que as lapas afectaran a estrutura do inmoble e que se extenderan pola contorna

G24.gal 15/06/2026 14:09

O fume que saía da antiga granxa escola na tarde do sábado puxo en alerta os veciños. Trátase dun inmoble que leva moitos anos abandonado e no que é habitual, din, atopar persoas sen teito. 

Cando chegaron aos bombeiros, as lapas afectaban a maleza que rodea o exterior das instalacións, pero tamén había outro foco no interior que comezara nun colchón. Conseguiron controlar o lume sen maiores consecuencias, aínda así o suceso provocou preocupación na zona.

Insisten en que xa se teñen producido máis incendios e temén que, ao final, se acabe extendo e afectando ás vivendas debido á vexetación que invade o recinto. Un tractor traballaba esta mañá rozando a contorna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade