Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a 7 anos de cárcere por violar unha menor en estado de embriaguez e deixala tirada nun canellón en Ourense

Condenado a 7 anos de cárcere por violar unha menor en estado de embriaguez e deixala tirada nun canellón en Ourense

Terá ademais cinco anos de liberdade vixiada, non poderá exercer profesións que teñan contacto con menores durante 10 anos, ten unha orde de afastamento da vítima e deberá indemnizala con 18.000 euros

G24.gal 27/02/2026 17:37

A Audiencia Provincial de Ourense condenou un home a sete anos de cárcere por violar unha menor, de 17 anos, que se atopaba en estado de embriaguez, e deixala tirada nun canellón en Ourense.

Durante o xuízo, o acusado sostivo que a vítima "lle ofreceu un cigarro" e "directamente se lle lanzou", recalcando que "ela tivo a iniciativa en todo momento", porque "lle deu un bico, díxolle séntate, facendo todo". Así mesmo, o condenado alegou que, ao finalizar a relación sexual, ela estaba "a falar normal e coherente".

Pero o tribunal considera que as probas presentadas no xuízo botan por terra esta versión.

A sentenza considera probado que  o 15 de outubro de 2023, sobre as 3:00 e as 3:30 horas da madrugada, o condenado abordou a vítima "con intención de satisfacer as súas apetencias sexuais", cando esta se dirixía á súa casa.

Así, aproveitando que a muller se atopaba coas súas facultades cognitivas e volitivas "ostensiblemente afectadas polo estado de embriaguez no que se achaba mesturado con fluoxetina", conduciuna a un canellón non transitado próximo. Unha vez alí, o home agarrou a vítima pola cabeza, conducíndoa para que lle realizase unha felación e conseguindo finalmente que lla fixese, estando ela totalmente indefensa. Seguidamente, o acusado quitoulle a roupa e violouna.

 Finalmente, o acusado abandonou o lugar, deixando a vítima "soa e tirada no chan boca arriba".

A Audiencia condenou o inculpado a unha pena de sete anos de prisión, coa medida de liberdade vixiada pospenal durante cinco anos, así como a inhabilitación especial para calquera profesión ou actividades que supoña contacto regular e directo con menores de idade durante 10 anos.

Así mesmo, a Sala impuxo ao condenado a pena de prohibición de aproximación a unha distancia inferior a 300 metros a esta, o seu domicilio ou calquera lugar onde se atope, así como a de comunicarse con ela por calquera medio durante 10 anos, e o pago dunha indemnización de 18.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade