Reabren os parques de natureza aproveitando o bo tempo da ponte de San Xosé
O parque ornitolóxico máis importante de Galicia está en Lugo, e nel exhiben preto de 300 aves
O 80 por cento das aves que se poden ver neste parque foron rescatadas
O moucho que non nos quita ollo, o papagaio que nos saúda ou a pinta do monte que nos canta... en Avifauna todo é posible. Aquí exhíbense preto de 300 aves, hainas exóticas, acuáticas, rapaces.
"Aqui podes ver unha gran variedade de aves", di unha rapaza.
Leva desde o 2000 aberto. E é un dos parques ornitolóxicos máis grandes de España.
"Ao pequeno encantanlle as cores e o máis maior xa fai preguntas sobre os animais", di un home.
O 80 % das aves que viven aquí proceden de centros de recuperación como estes flamengos procedentes do parque de Doñana.
"A variedade de aves que hai aqui, e por riba a maioría rescatadas, o mérito que ten Antonio o dono, que o construiu el e dedicar toda unha vida a isto", comenta un rapaz.
Visitalo é o mellor plan para pasar a tarde en familia.
"Os nenos encántanlles os animais e así coñecen as distintas especies", asegura unha muller.
Refírese ás avestruces ou a este casuario, unha especie descendente directa dos dinosauros. Un espazo único fundado por un grupo de coleccionistas e amantes das aves para contribuír á súa conservación.