Búscanse festivaleiros profesionais: 1.000 euros por ir de festi e contalo nas redes
A galega Nortempo convoca esta singular oferta de traballo temporal
En menos dunha semana recibiron cinco mil solicitudes
Poucas ofertas de traballo máis tentadoras ca a de ser festivaleiro de profesión..
"Onde hai que apuntarse? Miro en canto chegue a casa". "E te pagan 1000 euros por probar o festival? Eu vou!".
Unha semana de contrato e todos os gastos de viaxe pagos para gozar do Boombastic, en Asturias, e do Arenal Sound, en Castelló. E todo na compaña que o traballador elixa. A cambio, iso si, terá que compartir a experiencia nas redes.
"Xa estamos afeitos a subir contidos cando imos aos concertos. Para min non e un problema, e se me pagan pois mellor". "Estupendo, e se podes levar alguén contigo ao festi, xenial".
Para este traballo non piden experiencia, pero si se valoran certas aptitudes.
"Buscamos unha persoa con dotes de comunicación e que estea comoda nas redes e comparta os contidos. Pero buscamos que sexa natural, non un influencer cun negocio detrás", explica Elena Murillo, directora de Comunicacion do Grupo Nortempo.
Ademais de cubrir a vacante, esta iniciativa, promovida por unha ETT galega, ten outro obxectivo.
"Queremos achegar aos mozos o traballo temporal, para que o vexan como unha porta de acceso ao mundo laboral", engade Murillo.
Os candidatos teñen ata o 5 de xuño para presentarse. A selección prevese complicada. As solicitudes chegan por miles desde toda España. E só un recibirá nómina por dalo todo nos festivais.