Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xeado hoxe: artesán, adaptado a intolerancias alimentarias e con variedade de sabores

O xeado hoxe: artesán, adaptado a intolerancias alimentarias e con variedade de sabores

Os xeados xa non son simplemente un refrixerio nin se toman únicamente no verán

G24.gal 24/06/2026 21:11

Os xeados non son simplemente un refrixerio nin se toman unicamente no verán. Desde hai máis dunha década consumimolos en calquera estación do ano, sobre todo cando son artesáns e saudables.

Estamos en Desseo en Vigo, netamente galego, que usa leite da Granxa Pazos en Mazaricos, cun obradoiro en Compostela e onde todos os xeados son sen glute. Porque a tendencia da maioría das xeaderías, non só as de Galicia, é a de ofrecer unha gran gama de sabores máis aló do chocolate ou a fresa clásica e que sexan á vez produtos saudables.

"Imos sempre polo camiño natural, artesanal, por suposto. E continuamos tendo os sabores galegos, manténdonos sempre fieis ao sabor de cada xeado; que a avelá saiba a avelá, o psitacho a pistacho, que as mandarinas fagan sentir o seu sabor", conta á TVG  Iris Gómez, da Xeadería Desseo.

Capri é das primeiras xeaderías que lembran en Vigo; en maio fixo 70 anos. Abriuna un italiano, dos montes Dolomitas, en 1957, cando os xeados só se vendían no verán e carta non incluía cero azucre ou cero glute e sabores como os de hoxe.  

"Sésamo tostado. Iso é que facemos o xeado coa semente do sésamo negro e sae un xeado moi rico. E nós temos un sabor moi peculiar que é o dolomiti, que leva ricotta importada do norte e pistacho", explica Inés Graña, dona da xeadería Capri de Vigo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade