Publicador de contidos

Publicador de contidos

As praias da Mariña, coa auga máis quente

As praias da Mariña, coa auga máis quente

A diferenza de temperatura cos areais bañados polo Atlántico pode superar os 5 graos

Estampa da praia de Coto, en Barreiros
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 24/06/2026 21:05

As praias galegas teñen sona de estar bañadas pola auga máis fría da Península, en moitas ocasións mesmo por debaixo dos 15 graos en pleno verán. Neste contexto, os areais mariñaos ofrecen unha notable excepción, con temperaturas incluso cinco graos máis altas

"Non ten nada que ver coa auga do Atlántico, con temperaturas como teñen na Lanzada, por exemplo, que son moi frías. Aquí a temperatura está moi ben, sobre todo para estas datas", sinala Alexandro Vigo, socorrista da praia de Coto. 

Na fachada atlántica, o fenómeno coñecido como afloramento fai que nas rías ascenda a auga máis profunda e fría. Non ocorre así no mar Cantábrico, polo que a temperatura ambiente pode chegar a ser varios graos inferior á do mar, en especial nos días encapotados. 

"Normalmente a temperatura da auga xestiónana máis as correntes que o día que faga. Se vai moito sol pola mañá, que pasa moito, e a auga queda quente, xa aguanta para case todo o día, aínda que despois se poida anubrar ou incluso poida chegar a chover ou volver a saír o sol. O tempo é moi cambiante aquí na Mariña debido a que está rodeada polo Xistral, e iso cerra e encapota moito", explica Vigo. 

A auga das praias da Mariña pode chegar a acadar os 22 graos, unha temperatura que pouco ou nada lle ten que envexar ao Mediterráneo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade