Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os turistas buscan alternativas á praia nunha semana de ceo anubrado e chuvia

Os turistas buscan alternativas á praia nunha semana de ceo anubrado e chuvia

Paseos e visitas turísticas ocupan os visitantes nos días de mal tempo 

G24.gal 25/08/2026 14:56

Sen agonías de xente nin de calor.

"Coa calor que vai en Madrid case que o prefiro", di unha turista.

Son moitos os que ven nestes días de nubes e choiva un descanso nun verán histórico.

"Os que somos de aquí estamos contentos porque temos onde aparcar e onde pasear. Se está bo día é imposible moverse", asegura un veciño de Baiona.

Non falta quen aproveita para darse un baño. Os menos atrevidos buscan alternativas.

"Facer algunha ruta, ir ata faro, comer. Sempre hai cousas que facer", di unha turista.

E mesmo hai quen pode gozar das súas afeccións nas mellores condicións que ofrece a natureza.

"Son afeccionado a observar as aves. Tedes aquí unha boa zona para ver aves", explica un visitante.

O importante é poñerlle ao mal tempo, boa cara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade